Monday 29 de April de 2024

Andaina PSM estrea novo centro de rehabilitación psicosocial e laboral en Ordes


 

Anxo Carracedo, prestixioso oncólogo e investigador exerceu de padriño nun acto non que non faltaron charlas temáticas e teatro a cargo dos usuarios e usuarias da asociación

O prestixioso oncólogo e investigadro Anxo Carracedo foi o encargado de inaugurar oficialmente o novo centro de rehabilitación psicosocial e laboral da asociación Andaina Pro Saúde Mental en Ordes. Este está situado no número 14 da rúa Emilio Pardo Bazán, na zona do Paraíso.
No seu turno de intervención Carracedo compartiu cun auditorio cheo de convidados a súa experiencia coas enfermidades mentais e a situación desta na ámbito da sanidade, á cal calificou como “a gran esquecida e e minoritaria en cuestión de recursos”.
O programa completouse cun almorzo e coa charla a cargo de Julio Rodríguez, membro da Fundación Galega de Medicina Xenómica. O grupo teatral de Andaina representou a obra O Galo.

Entre as persoas que non faltaron a esta acto figuraron representantes dos concellos da comarca, o presidente da Mancomunidade de Ordes o presidente e o director de FEAFES.

Máis de 40 usuarios
A día de hoxe esta asociación, experta na atención integral das persoas con enfermidade mental, das súas familias e persoas coidadoras no ámbito rural, conta con 40 usuarios e usuarias na comarca ordense. Grazas a estas novas instalacións de máis de 260 metros cadrados de superficie útil, todas e todos eles poderán seguir valéndose das distintas actividades e servizos que se veñen brindando dende hai anos nesta zona. Así, ademais da atención ao público tamén se desenvolverán sesións de movemento e psicomotricidade; rehabilitación cognitiva; educación, saúde e deporte; arteterapia; xestión da atención psicolóxica no domicilio e clases de cociña; obradoiros de igualdade; ioga e habilidades sociais.

A dita actividade, da que tamén poden valerse persoas sen un diagnóstico emitido, vén avalada dende hai algún tempo polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Recentemente asinouse un convenio de colaboración co centro de rehabilitación ordense e co seu programa de atención domiciliaria, tan importante nos concellos rurais debido ás circunstancias sociodemográficas e ás dificultades que se presentan á hora de acceder a este tipo de servizos.